639.112.790 | 678.436.339 info@galunk.com

.

     SONDARÚA

.

SonDaRúa é un grupo de rap galego, de recente creación (2016) en Ponteareas, formado por Hugo Guezeta e Alex Arnoso. O seu estilo bebe da retranca, da musicalidade e a tradición oral popular galega, mais tamén do hip hop máis reivindicativo, de crítica social e contido político do sistema. Pese a súa breve traxectoria contan xa con máis de meio cento de directos por toda Galiza, incluindo a participación en varios festis, concretamente FestiGal e Revenidas neste 2017 (resultando gañadores de ambos concursos de música emerxente). Álex é tamén, o principal productor instrumental do grupo. Eles son pois SonDaRúa, un dos grupos revelación do rap galego dos últimos tempos, que vén con moita forza dende O Condado

Integrantes: HUGO GUEZETA & ALEX ARNOSO

Año: 2016 | Localidad: Ponteareas – Galiza | Estilo: Hip Hop – Rap

VIDEOCLIPS

EN GALEGO NON MOLA | 2017

TÉ CON CANELA | 2017

ESTILO COMBATIVO | 2016