Malabesta

MALABESTA

Malabesta Llogu

Año: 2023 | Localidad: Galiza | Estilo: Folk / Blue Grass

BIOGRAFÍA

MALABESTA? É un becho bravo sen domesticar. Un dragón incandescente de longas farpas e cinco cabezas, e quen abe se algunha máis. Son soños piratas navegando por mares de whisky e ron e recontando compases de blues cos dedos, entoando algunha vella canción de Tom  Waits e rasgando as cordas dalgún perdido e estraño bluegrass.

Malabesta é un becho con chupa de coiro, moi mala hostia e ningunhas ganas de ir durmir. Así din as lendas, e as malas línguas, que é a súa música. Un encontro  nocturno nalgunha taberna da Zona Vella de Compostela, unha conversa sobre músicas, unha promesa de xuntarse a facer algo xuntos. 
Admiracións mútuas e amor polas músicas  vellas deron no nacemento de Malabesta,  unha banda composta por 5 vellos lobos de mar, coñecidos da escena musical galega de ben diversos estilos e cunha química artística tan incendiaria como evocadora.

De Blues, de Bluegrass, de R&R, de Folk… todo para emocionarte pero tamén para poñerte a bailar. Non hai dúbida, Malabesta pode ser a grande sorpresa das programacións galegas dos vindeiros anos grazas a unha proposta cargada de calidade musical, carisma e aposta absoluta pola sonoridade da madeira e os sons máis orgánicos.

Spotify

Concertos

Vídeos

Discografía

 

Malabesta Sencillos