
OS VACALOURAS
Os Vacalouras é unha banda de Punk Rock experimental de Teis. Fundouse no ano 2007 por catro colegas do barrio que compartían instituto. Os seus comezos están fortemente ligados á escena viguesa, na que conseguiron facerse oco e gañarse o seu público. Sen parar de tocar dende aquela, a día de hoxe son moitas as salas, festivais, furanchos e festas do panorama galego nas que estiveron presentes.
Se ben a súa música bebe de referentes coma Siniestro total ou o movemento bravú, teñen un marcado estilo propio, caracterizado polas súas cancións pegañentas con letras absurdas cargadas de retranca e ironía. Conservando a mesma formación, na actualidade seguen sacando material e facendo concertos dinámicos e irreverentes que non deixan indiferente a ninguén.
Año: 2007 | Localidad: Teis – Galiza | Estilo: Punk Rock Experimental
Contratación: lora@galunk.com | (+34) 722855990
SÉGUENOS EN SPOTIFY
PRÓXIMOS CONCIERTOS
VIDEOCLIPS
TÍRATE DA PONTE DE RANDE | 2021
ACACIA NEGRA | 2021
FEDES A FAIADO | 2021
DISCOGRAFÍA
XUVENTUDE PREXUBILADA | 2021

MARCHA PRA CITRÖEN | 2019

CAPACHO ROCK | 2016

ERES PUNKI I NON O SABES| 2014
