
Skandalo GZ é un grupo de Ska-Punk nado en Ponteareas (Sur de Pontevedra), no ano 2007. Dende os seus comezos caranterizáronse por unhas letras cargadas de crítica social e política e pola loita obreira. Ská e Punk contundente, gran presenza de ventos, letras reivindicativas e melodías pegadizas crean o seu son; a enerxía desbordante, o ambiente festivo, a raiba e a paixón conforman o seu directo: unha autentica bomba que non deixa indiferente a ninguén.
A banda é na actualidade un dos referentes do ská-punk e da música en galego, tendo actuado na maior parte dos festivais do país, coma o Castelo Rock, o Castañazo Rock, Armadiña, Rock In Rian, Festival de Pardiñas… así coma tamén en cidades do estado coma Barcelona, Madrid, Bilbo, Donostia, Cáceres…
Unha banda que sigue en pé e a piques de comezar a grabación dun novo disco despois de adiantar os videoclips de «Diversa e Diferente» (coa colaboración de Gabri de Dakidarria) e «Raiba e Paixón»o tema que da nome a xira actual.
Discografia:
• Lume, 2008.
• Somos Máis, 2010.
• Esperta!, 2013
• Abrindo Camiño, 2015
• 10 Anos de Loita, 2017
• Singles: Diversa e Diferente, 2018 / Raiba e Paixón, 2019
Integrantes: Óscar: Voz e Guitarra. David “Le Dave”: Baixo e voz. Jose Manuel “Rantan”: Batera. Alex Cid: Guitarra. Serxo: Trombón de baras. Fabian: Trompeta. Brais: Trompeta.
Año: 2007 | Localidad: Ponteareas – Galiza | Estilo: Ska/Punk
VIDEOCLIPS
DISCOGRAFÍA



