
The Skarnivals é unha banda ska / punk / folk galega nada en 2012 que parte do proxecto Skakeo. Uns directos cargados de enerxía xunto cun estilo persoal e reivindicativo serviron á banda para iniciar o seu camiño dándolles o impulso necesario para comezar a editar os seus primeiros traballos. Tras o lanzamento en decembro de 2010 de Skakeo, un Ep formado por 5 temas entre os que se atopa «Historias do mar», a banda lanza en Outubro de 2012 o seu primeiro LP. Torsión Mundial. Un disco composto por 10 temas, repleto de forza e que fusiona diversos estilos levándoos a dar o salto a diferentes puntos da península. En 2016, a banda volve aos escenarios coas pilas cargadas presentando «Movimiento Irracional». Un novo traballo que serve como consolidación do proxecto e das novas incorporacións nas filas da banda. Unha chamada á tolemia tanto no temático como no musical. Unha filosofía de loita e de alegría en contra da incansable sobredose de cordura que nos pretenden implantar. Un disco directo, versátil e moi definitorio da traxectoria da banda no seu sétimo ano de vida.
Año: 2009 | Localidad: Bueu – Galiza | Estilo: Ska, punk, folk
Contratación: lora@galunk.com | (+34) 722855990
SÉGUENOS EN SPOTIFY
PRÓXIMOS CONCERTOS
VIDEOCLIPS
CHACAL | 2020
NON HAI MOTIVOS | 2017
DO REVÉS | 2019
FOLIADA VERDECENTE | 2018
AINDA CHORAN | 2017
DISCOGRAFÍA


