ZÓUPALLE FESTIVAL 2017

O proxecto ZÓUPALLE nace a través da promotora GALUNK PRODUCIÓNS no ano 2017 como unha  vía para a promoción das músicas actuáis ligadas a música tradicional celta; deste xeito o proxecto agrupa tanto a música celta, folk, rock, punk e bluegrass nunha interesante mistura de estilos que se tocan a través dos instrumentos tradicionais.

Entre os meses de Marzo e Abril de 2017, a través de Galunk Producións, presentouse a primeira edición do proxecto no que participaron bandas galegas de renome coma Ulträqäns, Falperrys e Ruxe-Ruxe, xunto a outras de carácter estatal coma os 13Krauss (Zaragoza) ou Ebri Knight (Cataluña).

A través de catro datas que agruparon Santiago de Compostela, A Coruña e dúas en Vigo, estas bandas tiveron a oportunidade de intercambiar músicas e o público galego disfrutou de unhas xornadas musicais onde os violíns, acordeóns e as gaitas se misturaron coas guitarras eléctricas.