LAW

Año: 2018 | Localidad: Galiza | Estilo: R&B, Rap Fusión, world music

BIOGRAFÍA

A artista viguesa LAW presenta Lo Esencial (Galunk Producións), o seu primeiro EP, un traballo no que amosa a súa versatilidade musical e madurez artística, combinando cancións urbanas con ritmos reggae, bases electrónicas e letras cargadas de mensaxe social, espiritualidade e forza interior.

Tras o bo recibimento de Fénec, segundo tema do EP, LAW continúa afondando nun universo sonoro híbrido, onde o orgánico e o sintético dialogan con naturalidade. En El fuego que sana, tema inaugural en colaboración co produtor Rotce, mergúllase no psytrance tribal, explorando a destrución como paso necesario para a creación: “hai que queimar e deixar ir, aínda que doa”.

Completan o disco Qué sabrás de huir, unha reflexión sobre a empatía e o dereito a migrar, e La colmena, unha celebración da existencia e da volta á raíz.

Coa forza da súa voz e unha posta en escena que combina instrumentación en vivo, electrónica e enerxía colectiva, LAW reivindica o esencial como un camiño de volta ao humano.

Spotify

Concertos

Vídeos

Discografía

ÁLBUMES