NADIE GONZÁEZ
Año: 2018 | Localidad: Galiza | Estilo: Rap Fusión
BIOGRAFÍA
MC, rapeira, ás veces productora e case sempre autodidacta. Nacida en Vigo e integrante do colectivo Yimiyourek (Las Palmas, Gran Canaria) entre 2018 e 2019, onde comeza a súa andaina no mundo da música e o hip hop.
Comeza o seu camiño en solitario acompañada de Lu.ko.ala como dj e con
Nahgga nos coros en 2021 e o seu percorrido discorre por salas como a
Sala Rebullón, Sala Doppler, Masterclub, e recentemente en festivais como
Murallón de Son, sen ter ningún traballo publicado previo.
En maio de 2024 publica o seu primeiro álbum Noctiluca Scintillans e presenta na
Sala Doppler cun directo que supera as expectativas de aforo e acollida por parte do público.
Influenciada pola poesía de Xela Arias, Rosalía, Alejandra Pizarnik, Alfonsina Storni ou Idea Vilariño, as súas líricas abordan temas como a ruralidade, a dor, a saúde mental, o feminismo ou o sentimento de comunidade.
Sempre de carácter fortemente intimista, as suas letras válense de imaxes que evocan á Galiza das periferias, construíndo a través de metáforas un universo cheo de códigos propios onde abundan as referencias á nosa natureza e á idiosincrasia galega.
Unha vida estreitamente ligada á súa parroquia, Candeán, e á súa veciñanza
(a través da participación en actividades culturais, festivais, comunidade de
montes…) dende ben nova fai que sexa imposible desligar este sentimento de
pertenza da súa música.