LULA MORA

Arrythmia Llogu

Año: 2024 | Localidad: Galiza – Canarias |

Integrantes: Sara e Silvia

BIOGRAFÍA

LULA MORA é un proxecto musical liderado por Silvia Izquierdo e Sara Caride, vocalistas e instrumentistas principais da formación. A súa proposta combina música e poesía, creando pontes entre as súas dúas identidades culturais e xeográficas: Galicia e Canarias.

O seu estilo defínese como indie-folk minimalista. A súa música parte da canción de autora, mais afástase dela incorporando influencias doutros xéneros. Na súa obra existe unha procura constante de novas sonoridades desde unha identidade musical moi persoal, caracterizada polas polifonías vocais e por unha forte carga conceptual, social e narrativa.

O seu traballo artístico transcende o musical para construír todo un imaxinario visual e escénico, explorando territorios filosóficos e oníricos. A súa posta en escena incorpora ademais outras disciplinas artísticas, como o teatro e a performance, para crear unha experiencia que amplía e completa a súa proposta musical.

Spotify

Concertos

Vídeos

Discografía