
LAW
Año: 2018 | Localidad: Galiza | Estilo: R&B, Rap Fusión, world music
BIOGRAFÍA
LAW é unha artista multidisciplinar do barrio vigués de Coia que desenvolve unha identidade musical propia a través da fusión da música de raíz, a electrónica e os ritmos urbanos. A súa voz poderosa e as súas letras comprometidas transitan entre o íntimo e o colectivo, combinando reflexión social, espiritualidade e celebración da existencia.
O seu primeiro EP, Lo Esencial (Galunk Producións), serviu para presentar un universo musical versátil, no que conviven cancións urbanas, bases electrónicas e ritmos que conectan co corpo e coa terra. Temas como Fénec, El fuego que sana, Qué sabrás de huir ou La colmena amosan distintas facetas dunha proposta que aborda cuestións como a empatía, a migración, a transformación persoal e a conexión co esencial.
Nos últimos dous anos, LAW deu o salto ao circuíto de festivais galego, comezando a facerse un sitio nunha escena na que a súa proposta destaca pola combinación de linguaxes musicais e pola súa personalidade artística. En directo, combina teclados, sintetizadores, batería e percusións do mundo nun espectáculo bailable, visceral e participativo, no que a enerxía electrónica convive coa pulsión orgánica dos ritmos e coa interacción co público.
Na primavera de 2027, LAW inicia un novo capítulo cun EP integramente en galego e unha xira por salas. Un paso máis na construción dunha voz artística que explora as súas raíces para seguir abrindo camiños propios.





